Morren dous cordeiros en Taboada atacados por cans

La Voz LUGO / LA VOZ

TABOADA

O ataque tivo lugar nunha leira da parroquia de Meixonfrío e causou feridas a outro animal

06 ene 2020 . Actualizado ás 13:18 h.

Dous cordeiros mortos, un ferido e dous cuxo paradoiro ignoraban os donos onte pola tarde. Unha familia da parroquia taboadesa de viu Meixonfrío onte pola mañá que parte dos seus animais sufriran un ataque de cans, propiedade dun veciño, que ten cinco en total. Criticaron a situación, xa que, din, non é a primeira vez que se dan feitos destas características.

Os animais estaban nunha leira do barrio de , O Curropróxima á casa dos seus donos pero tamén á vivenda do propietario dos cans. A familia séntese molesta pola presenza dos cans, de cuxa alimentación, di, encárgase o Concello de Taboada. No entanto, os cans, segundo a familia cuxos cordeiros foron atacados, andan soltos polo barrio e causan problemas de cando en vez. Así, o ataque de onte non foi o primeiro que padecen, pois unha vez mesmo causaron feridas a unha vaca, pertencente á explotación de gando vacún da familia. O número de cans dese veciño, din, descendeu porque algúns foron levados a unha protectora.

Unha vaca da familia afectada onte xa sufriu feridas en feitos similares