A Banda de Taboada «resucitou» por Reyes

TABOADA

El concierto se ofreció en el auditorio del antiguo cuartel de Taboada
O concerto ofreceuse no auditorio do antigo cuartel de Taboada CEDIDA

A formación, dirixida por Miguel Franqueiro, ofreceu o seu primeiro concerto tras un parón de tres anos

06 ene 2020 . Actualizado ás 18:08 h.

A Banda de Música de Taboada aproveitou a festividade de Reyes para resucitar, é dicir, para ofrecer o seu primeiro concerto tras un parón de tres anos. A actuación, organizada en colaboración co Concello, ofreceuse no auditorio do antigo cuartel e reuniu a un público numeroso. No concerto participaron antigos integrantes da banda e novas incorporacións. Baixo a dirección de Miguel Franqueiro, a renovada banda interpretou unha selección de pezas de compositores dos séculos XX e XXI, temas clásicos de bandas sonoras de cine e música do Nadal. Franqueiro agradeceu a asistencia ao concerto e animou a todas as persoas interesadas a sumarse á banda e a asistir ás clases da Escola de Música de Taboada, que iniciou a súa andaina o pasado setembro.