O Taboada arroiou ao Pastoricense con Gabriel en plan estelar

Luis Conde MONFORTE

TABOADA

CEDIDA

O futbolista xuvenil marcou catro dos cinco goles do seu equipo

29 dic 2019 . Actualizado ás 19:48 h.

O Taboada goleou ao Pastoricense, protagonizando a sorpresa nos oitavos de final de cópaa Deputación. A pesar de que o choque comezou con moita igualdade, cun equipo local que buscou as súas ocasións a partir de fútbol directo, os discípulos de Manu Rodríguez aproveitaron unha contra para marcar o 0-1. Foi Gabriel, xuvenil de último ano que se erixiu como o goleador do Taboada, ao anotar catro dos cinco tantos. O gol afectou ao Pastoricense, que viu como os visitantes marcaron rápido o 0-2.

A partir de aquí só houbo un equipo sobre o terreo de xogo, o Taboada, que estivo moi cómodo, circunstancia que lle permitiu marcar outros tres tantos para pór o definitivo 0-5.

?David; Diego, Portela, Ares, Bryan; Penedo, Álex, Gabri, Dani; Iago e Cristian. Tamén xogaron Vidal, Víctor, Juanma, Toni e Gandoy

?

Roi; Varela, Ibán, Álex, Potente; Adri, Fabio, Miguel, Diego; Vila e Gabriel. Tamén xogaron Noé, Moski, Fede e Álex

Goles: 0-1, min.12, Gabriel; 0-2, min.18, Gabriel; 0-3, min.56, Gabriel; 0-4, min.73, Gabriel; 0-5, min.83, Diego

Árbitro: Diego Rodríguez Vilela. Amoestou aos locais Bryan, Álex e Juanma, e aos visitantes Gabriel e Miguel

Incidencias: Partido de copa que se xogou no Acebreiro, na Pastoriza