Unha SAT do lugar de Seixas, na parroquia de Bembibre, en Taboada, sufriu un peculuiar asalto hai uns días. Segundo denunciou o seu responsable, Manuel Arias, dous individuos co rostro tapado -un deles levaba lentes- presentáronse na zona ás 2.20 horas da madrugada camiñando e tras acceder a un almacén onde gardan ferramentas, fixeron uso dun turismo que se atopaba estacionado na leira para cargar boa parte do material e fuxir.
Os cacos abandonaron a zona sobre as 2.40 horas e a continuación deixaron o coche subtraído, un Volkswagen Passat, nunha ponte da estrada N-540 e prendéronlle lume. Esta acción podería ser para despistar á patrulla e fuxir. O responsable valora o material subtraído nuns 8.000 euros. Entre as ferramentas roubadas atópanse dúas placas electrónicas valoradas en máis de mil euros, unha rozadora, unha motosierra, dous trades de batería, un trade de mesa, unhas pinzas profesionais de puentear, unha soldadura e alicates de precisión.