Morre en Taboada un traballador forestal acadado por unha máquina

La Voz

TABOADA

ROI FERNÁNDEZ

O falecido é un home natural de Chantada. O suceso produciuse á primeira hora da mañá durante unha talla de piñeiros preto da aldea de Millán

13 dic 2017 . Actualizado ás 19:02 h.

Un traballador forestal resultou morto esta mañá en Taboada nun accidente laboral ocorrido durante unha talla de piñeiros. O suceso ocorreu nunha pista que une as vilas de Morlás e San Martiño, nas proximidades da aldea de Millán. O falecido é natural de Chantada, aínda que a familia da súa muller é de Taboada.

O accidente produciuse ás nove e media da mañá, cando a vítima traballaba ao lado dunha máquina de procesar madeira. Nun momento dado, a máquina caeulle amais e provocoulle a morte. Avisado o servizo de urxencias 112, foron enviados ao lugar unha ambulancia do 061 e unha patrulla da Garda Civil. Tamén recibiron aviso os bombeiros de Chantada, pero finalmente o corpo foi retirado da máquina sen necesidade de empregar ferramentas de rescate.