Preto de 600.000 euros para arranxar camiños nas 22 parroquias de Sober

La Voz MONFORTE / LA VOZ

SOBER

Este plan incluye obras en diferentes puntos de las 22 parroquias de Sober
Este plan inclúe obras en diferentes puntos das 22 parroquias de Sober CONCELLO DE SOBER

O Concello ten en marcha un amplo plan de pavimentación que o ano pasado atrasouse un pouco por mor da pandemia

20 abr 2021 . Actualizado ás 12:04 h.

O Concello de Sober ten en marcha un plan de mellora de camiños que inclúe obras nas 22 parroquias do municipio e un investimento total que se achega aos 600.000 euros. O plan aproveita diferentes programas de axuda da Xunta e a Deputación, ademais de fondos propios do Concello. Empezou a executarse no 2020 e rematará este ano.

Segundo a información que achega o Concello, xa están en marcha ou a piques de estalo as obras das dúas anualidades. As previstas para o 2020 sufriron algún atraso por mor da pandemia.

O Plan Único da Deputación o que achega máis fondos, porque deste programa saen 225.000 euros. Do Plan Marco da Consellería de Medio Rural saen outros 140.000 euros, mentres que o Plan de Infraestruturas Rurais financia outros 100.000 euros. Finalmente, o Concello pon uns 125.000 euros de fondos propios.

Entre as obras deste plan a dous anos que xa están rematadas atópanse as dos accesos a Mourentán e O Souto de Vilachá en Doade; Santo Tirso e Cantón, en Amandi; O Rodeiro e Abanante en Lobios; As Gándaras en Pinol; Moreda en Vilaescura, Carboeiro, Os Cancelos e A Pena en Gundivós; Corvelle e A Carqueixa en Proendos; A Vacariza en Neiras; Camporrairo e as rúas da Panadería e a Fábrica en Canaval, Nogueira, A Mogueira, A Burdalla e A Cigueñeira en Anllo; San Paio, A Paixón e a estrada de Matamá a Arxemil en San Martiño; Ferrón, O Piñeiro, Villoriz e de Santa Marta ao Pinar en Bolmente; e o camiño da igrexa de Barantes a Suairexa.

Nos próximos días levarán a cabo, entre outras, as obras do Ventorrillo ao Fervedón e os accesos ao Roxo en Neiras; os accesos a Travesa e As Cortiñas en Amandi; os das Casas ata A Veiga en Figueiroá; o camiño do Pital en Bulso; os accesos a San Xis, Piantes e Gandarela en Brosmos; o de Vaz en Vilaescura; O Castro en Liñarán; os de Fervenza e Cuñas en San Martiño de Anllo:; e os de Cima de Vila e a estrada de Santa Marta a Villoriz en Bolmente; así como a estrada desde a igrexa a Barantes de Abaixo.