Comeza en Sober unha campaña de vacinación canina casa por casa

La Voz

SOBER

Vacunación de un perro en una clínica veterinaria, en una imagen de archivo
Vacinación dun can nunha clínica veterinaria, nunha imaxe de arquivo Rafael Estevez

O veterinario empezará este xoves a percorrer as parroquias do municipio

18 may 2020 . Actualizado ás 12:11 h.

O Concello de Sober iniciará este xoves a campaña anual de vacinación contra a rabia e de identificación e desparasitación canina do municipio. Ao estar prohibida a concentración de cans a causa do estado de alarma sanitaria, a vacinación farase casa por casa. Os interesados deberán chamar ao veterinario do percorrido —no número 689 10 35 94— o día que leven a cabo as vacinacións na súa parroquia. Desde o Concello sinalan que a vacinación se realizará polas mañás.

En canto aos prezos, a vacinación contra a rabia custa quince euros e a implantación de microchip e o pasaporte oficial asociado ou «cartilla», 33 euros. Tamén é posible consultar ao veterinario sobre outros tipos de vacina e sobre trámites sanitarios. O goberno local sinala que aínda que a vacinación é voluntaria, desde o 2002 é obrigatorio sen excepción ter os cans identificados con microchip.

O calendario da campaña detállase a continuación:

Xoves 21. Na primeira xornada, as vacinacións faranse nas parroquias de Canaval, Vilaescura, Rosende e Millán.

Luns 21. Parroquias de Refoxo, Sober, Proendos e Liñarán.

Martes 26. Parroquias de Anllo Santo Estevo e Anllo San Martiño.

Mércores 27. Parroquias de Figueiroá, Bolmente e Barantes.

Venres 29. Parroquias de Santiorxo, Pinol e Lobios.

Luns 1 de xuño. Parroquia de Gundivós.

Martes 2 de xuño. Parroquias de Amandi e Doade.

Xoves 4 de xuño. Parroquia de Neiras.

Venres 5 de juinio. Parroquias de Bulso e Santa Cruz.