Sober busca un logotipo que o identifique

La Voz

SOBER

El vino y el cañón del Sil son dos de los elementos que pueden aparecer en el logo que busca el Ayuntamiento de Sober
O viño e o canón do Sil son dous dos elementos que poden aparecer no logo que busca o Concello de Sober ALBERTO LÓPEZ

O Concello organiza un concurso para elixilo. O gañador terá un premio de 500 euros

16 may 2020 . Actualizado ás 16:54 h.

O Concello de Sober busca un logotipo que o identifique e os responsables municipais decidiron organizar un concurso para atopalo. Os responsables municipais decidiron organizar un concurso para elixilo. O premio para o gañador son 500 euros.

De acordo coas bases que acaba de facer públicas o Concello, os participantes neste concurso deben ter en conta que o logotipo ha de incluír a palabra Sober e ten que reflectir unha ou máis dos acenos de identidade do municipio, como o viño, a música, a olería de Gundivós, o cañon do Sil, a arte románica ou as roscas. O xurado valorará a creatividade dos aurores e que a obra sexa clara, de maneira que "facilite ou seu rápido recoñecemento e contribúa a establecer unha rápida identificación co municipio.

O novo logotipo será utilizado polo Concello como complemento ou substituto do escudo oficial do municipio.

O prazo para presentar propostas ao concurso está xa aberto e non se pechará ata o 30 de xuño. As bases do concurso pódense consultar nas redes sociais do Concello e na súa páxina web www.concellodesober.com.