Os estudantes de Sober gañadores do concurso de contos recollen os seus premios

La Voz

SOBER

CONCELLO DE SOBER

O certame estaba organizado por Rado Nacional de España e competían alumnos de diferentes colexios de toda España

10 ene 2020 . Actualizado ás 16:46 h.

Os catro escolares de Sober que gañaron o concurso de Contos Solidarios de Radio Nacional de España recolleron este venres o premio. Nun acto celebrado en Ourense, os estudantes recibiron os seus premios de mans de Rafael Cid, delegado territorial de RTVE Galicia e Marta Pastor, directora da Fundación Crecer Xogando, a oenegué que colabora con Radio Nacional na organización deste concurso.

O certame, que este ano acadaba a súa edición número dezaseis, forma parte da campaña solidaria "Un xoguete, unha ilusión". Este ano contou coa participación de estudantes de educación primaria de entre 6 e 12 anos e de educación especial de toda España.

O conto co que os catro estudantes do colexio Virxe do Carme de Sober gañaron o concurso na súa categoría é, explican os portavoces deste Concello, "unha reflexión sobre ou dereito a xogar e a situación que teñen algúns nenos de todo ou mundo que non teñen xoguetes".