Os Reis Magos madrugarán para chegar a Sober este domingo

La Voz

SOBER

CEDIDA

Farán a súa entrada neste municipio ás once da mañá

03 ene 2020 . Actualizado ás 11:28 h.

Os Reis meigos madrugarán este ano para atoparse cos nenos de Sober. Este domingo chegarán ao municipio ás once da mañá e farán a súa primeira parada na residencia da terceira idade Virxe do carme. Despois de charlar cos maiores internados nese centro, ás doce do mediodía estarán no centro sociocultural, onde todos os nenos do municipio poderán saudalos.

Xusto antes da súa chegada, no centro sociocultural terá lugar unha representación teatral con Caxato Contacontos, que porá en escena Un paxe real en apertos.

O centro de xogos A Mariola

Os nenos de Sober terán ademais ocasión de gozar estes días o centro de xogos inaugurado o xoves polo Concello nun local da Praza do Polbo. O centro A Mariola abrirá este venres, o sábado e o día 7 pola mañá, en horario de once a unha.