Pícao un insecto na súa casa en Quiroga e acaba no hospital

QUIROGA

Entrada a urgencias en el hospital de Monforte
Entrada a urxencias no hospital de Monforte ALBERTO LÓPEZ

O home sufriu unha reacción ao veleno e tivo que ser trasladado a Monforte en ambulancia

28 may 2020 . Actualizado ás 18:25 h.

Un veciño de Quiroga foi trasladado esta mañá ao hospital de Monforte por mor da picadura dun insecto. O home estaba na súa casa cando sufriu a picadura e pediu axuda médica porque empezou a sentirse mal. Ante a posibilidade de que estivese experimentando unha reacción alérxica perigosa, o médico que o atendeu no centro de saúde de Quiroga decidiu envialo en ambulancia ao hospital de Monforte.

A vítima, que vive na parroquia quiroguesa de Bendilló, chegou ao hospital de Monforte pasadas as doce e media da mañá. Permaneceu no servizo de urxencias ata que á primeira hora da tarde os síntomas que sufría por a reacción do seu corpo ao veleno que lle inxectou o insecto remitiron o suficiente e os médicos dixéronlle que podía volver á súa casa. Ao parecer, non está claro se o que o picou é unha abella ou algún tipo de avespa autóctona ou foránea, como a velutina.