As promesas galegas, en Quiroga

La Voz

QUIROGA

CEDIDA

05 mares 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Quiroga convértese na capital galega do voleibol de base. Estes días desenvólvese no pavillón municipal a concentración das seleccións galegas infantil e cadete. Estas xornadas teñen como obxectivo perfilar e adestrar aos equipos que asistirán representando a Galicia nos próximos campionatos de España de seleccións autonómicas. Nesta concentración infantil están as seguintes xogadoras do Korbis de Monforte: Aisha Meira, Carla Hernández, Laura Díaz e Sara Rodríguez. Tamén están Anier Mariño, Luis Antonio Cota, David Pérez e Antía Pérez. A concentración finalizará esta tarde.