Alimentos para familias necesitadas en Quiroga

La Voz

QUIROGA

ROI FERNANDEZ

26 novs 2018 . Actualizado ás 22:04 h.

O Concello de Quiroga iniciará semana próxima unha nova campaña de recollida de alimentos para familias necesitadas do municipio que, do mesmo xeito que as que se desenvolveron en anos anteriores, recibe o nome de Quilo Solidario. Os organizadores piden aos veciños que desexen participar que acheguen polo menos un quilo de produtos alimenticios de calquera tipo, coa condición de que deben ser non perecedoiros. As entregas poden facerse durante todo o mes de decembro na cafetería do centro social do Concello. A selección das familias que se beneficiarán desta campaña realizaranse tendo en conta criterios de necesidade económica que serán establecidos previamente polo departamento municipal de Servizos Sociais.