Gana 1,5 millóns cun boleto da primitiva selado en Quiroga

La Voz MONFORTE

QUIROGA

É o único con seis acertos no sorteo de onte

16 feb 2018 . Actualizado ás 11:29 h.

O maior premio do sorteo da primitiva de onte caeu en Quiroga. Un boleto comprado nesta localidade é o único dos selados para este sorteo que incluía os seis números gañadores, así que lle corresponde un premio de primeira categoría. Ninguén acertou os seis máis o complementario, de forma que o premio especial quedou deserto.

Ao boleto de Quiroga, que foi cumprimentado nun establecemento situado no número 60 da Rúa Real desta localidade, correspóndenlle 1.491.043 euros. O bote que queda para o sorteo de mañá ascende a 5,4 millóns.