Unha muller ferida no Saviñao no incendio da súa cociña

Carlos Cortés
Carlos Cortés MONFORTE

O Saviñao

Los bomberos de Chantada, en un incendio registrado hace unos años en O Saviñao
Os bombeiros de Chantada, nun incendio rexistrado hai uns anos no Saviñao BOMBEIROS DE CHANTADA

O lume empezou nunha tixola e acabou por prender nos mobles próximos

03 ene 2020 . Actualizado ás 13:19 h.

Unha muller resultou ferida no Saviñao nun incendio que provocou graves desfeitas na súa casa. O incendio produciuse a última hora da tarde do xoves en Vilamor, un lugar da parroquia de Piñeiró. A voz de alarma deuna un particular que chamou por teléfono ás oito da tarde ao 112 para avisar de que había un incendio na cociña dunha das casas desta aldea.

Este servizo de urxencias enviou a Piñeiró aos bombeiros de Chantada, a Garda Civil e a agrupación local de Protección Civil do Saviñao. Cando os bombeiros chegaron atopáronse con que o lume iniciado nunha tixola que estaba ao lume prendera nos mobles da cociña. Conseguiron apagalo antes de que se propagase ao resto da vivenda. Finalmente, só arderon os mobles da cociña, pero o resto da casa viuse afectada o fume, segundo a información facilitada esta mañá polo 112. Unha ves apagado o lume, os bombeiros ventilaron a casa para disipar a fumareda.

Durante o incendio, unha muller sufriu queimaduras nun brazo. Foi trasladada ao centro de saúde de Escairón nun coche patrulla da Garda Civil.