Ruta de Marce a Cima de Atán organizada pola Asociación Veciñal do Saviñao

La Voz

O Saviñao

CARLOS RUEDA

02 ene 2020 . Actualizado ás 19:22 h.

A Asociación Veciñal do Saviñao organiza este sábado a cuarta e última etapa da ruta da Ribeira Sacra do Miño, entre Marce e Cima de Atán. A saída será en vehículos particulares, ás nove e media da mañá desde a Praza Maior de Escairón. O regreso está previsto para as dúas da tarde. Os interesados en participar na camiñada poden apuntarse a través do Facebook da asociación ou no teléfono 677 726 325.

A ruta de sendeirismo iniciarase en Marce, onde os participantes visitarán a fervenza de Augacaída. A partir de aí, percorrerán enclaves da ribeira do Miño do municipio de Pantón ata chegar a Cima de Atán. O percorrido é duns sete quilómetros.