Unha refrescante xornada de lecer no Saviñao para o Apóstolo

Christian Rodríguez, C. C. MONFORTE

O Saviñao

ROI FERNANDEZ

A casa rural Torre Vilariño acollerá o Fan Fest o 25 de xullo

18 jul 2019 . Actualizado ás 13:26 h.

A posada Torre Vilariño, decana do turismo rural de Galicia, propón unha xornada de lecer e música na ribeira do Miño. A festividade do Apóstolo celebrarase desde as 12.00 do mediodía cunha sesión vermú, na que haberá cócteles, animacións para nenos e a piscina estará aberta para os asistentes. Todo iso acompañado por música electrónica a cargo de catros disc jockeys. O prato forte do Fan Fest chegará ás 23.00 horas coas actuacións do grupo rock Fillos do Estramonio e a charanga dos Festicultores. O cartel complétano a banda de versións local Gin Toni's e DJ Pumax, que pechará a festa.