Programadas dúas representacións de teatro no Incio

La Voz

O Incio

Actores de Augas do Sil, de San Clodio, o grupo que actuará no Incio o 27 de outubro
Actores de Augas do Sil, de San Clodio, ou grupo que actuará non Incio ou 27 de outubro CEDIDA

A primeira será o día 27 co grupo da asociación cultural Abrente

19 sep 2019 . Actualizado ás 12:41 h.

Chegan ao Incio as obras de teatro afeccionado do ciclo Buxiganga. As representacións xa confirmadas serán o 28 de setembro e o 27 de outubro. A cita do sábado da semana que vén correrá a cargo do grupo de teatro da asociación cultural Abrente, que porá en escena a obra As pastillas de Farruco. O 27 de outubro será a quenda do grupo de teatro Augas do Sil, do municipio de Ribas de Sil, que traerá ao Incio a obra Princesa busca pretendente.

A obra As pastillas de Farruco está pensada para o público adulto, mentres que Princesa busca pretendente é unha comedia para todas as idades. Os responsables do Concello do Incio valoran a oportunidade de poder contar con estes grupos de teatro amador con gran tradición na provincia.

As dúas representacións teatrais terán lugar no local multiusos do Concello e empezarán ás sete da tarde.