Os clubs de Monforte repártense case 115.000 euros

Carlos Cortés
Carlos Cortés MONFORTE

MONFORTE DE LEMOS

CARLOS CORTÉS

É a cantidade que o Concello ten reservada para estas axudas no 2020

09 jun 2020 . Actualizado ás 17:14 h.

Xa están en marcha no Concello os trámites para pagar as subvencións nominativas que lles corresponden este ano aos clubs deportivos do municipio. O equipo de goberno destina esta vez 114.372 euros, case 5.000 máis que na convocatoria do 2019. O que máis recibe este ano é o Club Lemos, ao que lle corresponden 17.500. Ségueno o Calasancio, con 15.700 euros asignados; o CV Ribeira Sacra, con 10.500; e o club de natación Monforte, con 10.020.

Representantes da concellaría de Deportes empezaron esta semana a comunicar ás entidades que recibirán estes fondos canto diñeiro correspóndelles e teñen previsto rematar de facelo antes do domingo. Unha vez teñan entregado toda a documentación necesaria, cada entidade asinará co Concello un convenio polo importe da subvención concedida. Despois diso, o seguinte paso será a xustificación da subvención concedida, que os clubs deberán presentar antes do 31 de outubro.

Estas axudas están destinadas a sufragar gastos de actividades de fomento do deporte e para contribuír aos gastos de participación en competicións oficiais e o desenvolvemento de actividades deportivas durante a tempada 2019-2020.

Lista completa por clubs, coas subvencións ordenadas de maior a menor

  1. Club Lemos 17.500 euros
  2. C.P. Calasancio 15.700 euros
  3. C.V. Ribeira Sacra 10.500 euros
  4. C.N. Monforte 10.020 euros
  5. Club de Fútbol Monforte 8.700 euros
  6. C.B. Val de Lemos 7.300 euros
  7. Club Korbis 7.000 euros
  8. Club de Montaña Quixós 5.000 euros
  9. Club X.R. Quicela 5.000 euros
  10. Team Monforte Rali 5.000 euros
  11. Club Taekwondo Neka 3.000 euros
  12. A.D. A Gándara 2.400 euros
  13. A.D. Río Cabe 1.700 euros
  14. A.D. Veteráns 1.600 euros
  15. Caza e Pesca Val de Lemos 1.500 euros
  16. A.C. Castelao 1.300 euros
  17. Club Pesca Monforte 1.100 euros
  18. Club de Pesca Río Cabe 1.100 euros
  19. A.D. A Ponte Vella 962 euros
  20. Castelo Bike Club 962 euros
  21. C.C. Torre San Vicente 962 euros
  22. Club Ciclista Monforte 962 euros
  23. A.D. Torre de Lemos 800 euros
  24. A.D. Escolapios 800 euros
  25. A.D. Colexio Ferroviario 800 euros
  26. Club Fluvial Monforte 800 euros
  27. Club Templarios Pool 540 euros
  28. Club de Tenis Catro Ventos 525 euros
  29. S. Colombófila Aires de Lemos 437 euros
  30. Club de Tiro Olímpico Cabe 400 euros