Monforte volve abrir as pistas de atletismo da Pinguela

Carlos Cortés
Carlos Cortés MONFORTE

MONFORTE DE LEMOS

CONCELLO DE MONFORTE

Mediante cita previa, con franxas horarias e limitadas a vinte deportistas en cada quenda

22 may 2020 . Actualizado ás 17:58 h.

O Concello de Monforte abrirá este lunes as pistas de atletismo da Pinguela. A entrada nestas instalacións para a práctica de deporte estará aberta a todo aquel que queira utilizalas, pero coa obriga de concertar cita previa no Concello. Para facilitar o procedemento, o Concello habilitará unha plataforma de reservas a través de Internet. A reapertura das pistas de atletismo foi anunciada este venres polo Concello, que a relaciona coa entrada en vigor o luns do pase de Monforte e o resto de Galicia á fase 1 da desescalada da alerta sanitaria polo coronavirus.

Os portavoces municipais explican que ás pistas poderase acceder unicamente para practicar deportes individuais ou aqueles que se poidan levar a cabo cun máximo de dúas personas, e sempre sen contacto físico e mantendo as distancias de seguridade. Os deportistas que accedan a estas instalacións non poderán ir cos seus adestradores nin con ningún acompañante, coa excepción das personas que teñan algunha discapacidade ou dos menores que precisen a presenza doutra persoa. Tampouco está permitido compartir material con outros deportistas e cada un debe levar da súa casa o que precise. Non se poderán utilizar os baños nin os vestiarios da Pinguela.

As pistas abrirán de luns a venres, agás os días festivos, e de acordo a catro franxas horarias de uso durante as que non poderá haber máis de vinte persoas dentro das instalacións ao mesmo tempo:

Horario de mañá.

  • De 9:00 a 10:00 h. (acceso entre as 8:45 e as 9:45 h.)
  • De 10:15 a 11:15 h. (acceso entre as 10:00 e as 10:15 h.)

Horario de tarde.

  • De 19:00 a 20:00 h. (acceso entre as 18:45 e as 19:15 h.)
  • De 20:15 a 21:15 h. (acceso entre as 20:00 e as 20:15 h.)

A reserva de hora pódese facer a través da páxina web do Concello de Monforte, na sección de deportes/instalacións, directamente en www.sporttia.com ou a través da aplicación sporttia para dispositivos móbiles.