Esperta Monforte di que a xestión municipal é a única alternativa para piscina

La Voz

MONFORTE DE LEMOS

CARLOS CORTÉS

Pide a través dunha moción que o Concello se faga cargo das instalacións da Pinguela

23 ene 2020 . Actualizado ás 12:24 h.

Esperta Monforte tamén avoga por unha xestión directa da piscina municipal. A concelleira Maribel García defende esta fórmula «como solución de futuro e viabilidade desta instalación» nunha iniciativa que será debatida no pleno do luns. Na súa proposta reclama ademais que o alcalde explique «con claridade» que pensa facer fronte aos problemas que atravesa a empresa que xestiona a concesión.

A moción de Esperta Monforte reclama un posicionamento claro do goberno municipal sobre «a continuidade do servizo e o pagamento das nóminas atrasadas aos traballadores por parte da empresa concesionaria».

A xestión directa da piscina por parte do Concello, sinala Maribel García, xa formaba parte do programa co que concorreu a súa formación política ás últimas eleccións municipais. Segundo o seu criterio, sería procedente a revisión do contrato asinado coa empresa Alacer Lecer e Deporte «facendo fincapé nos apartados relativos a incumprimentos e faltas graves que poden dar lugar á súa rescisión».

«Xa se cometeron certas irregularidades e non se fixo nada por parte do Concello ao respecto», di a concelleira de Esperta Monforte.

monforte

No pleno do luns tamén se debaterá unha moción do PP que pide que o Concello se faga cargo temporalmente da concesión e valore a posibilidade de pasar a unha xestión directa da piscina,