A industria láctea do polígono adquirida por un grupo chinés prepara un plan de ampliación

La Voz

MONFORTE DE LEMOS

CEDIDA

Oviganic Ibérica, novo nome da empresa, comezará a elaborar produtos con leite de cabra e ovella

23 ene 2020 . Actualizado ás 22:32 h.

Segunda visita dun responsable da Xunta á industria láctea do polígono de Monforte que adquiriu a comezos do pasado ano uno dos principais fabricantes chineses de leite para bebés. En outubro foron os conselleiros de Economía e Medio Rural os que percorreron as instalacións desta empresa, entón co nome de Euroserum. Rebautizada como Oviganic Ibérica, este mércores pasou por ela o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros.

A visita de Balseiros prodúcese coincidindo co anuncio dun plan de ampliación polo que Oviganic Ibérica pasase a elaborar tamén produtos con leite de cabra e ovella. O director xeral aproveitou a ocasión para anunciar a próxima publicación dunha nova convocatoria das axudas para investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios.

A Xunta destina un total de 26 millóns de euros a esta liña de subvencións, que estarán vixentes entre este ano e o 2022. Balseiros explicou aos responsables do grupo Yeeper Dairy as actuacións que se financian con cargo a estes incentivos con vistas aos proxectos de ampliación que leven a cabo na fábrica do polígono do Reboredo.