Arrinca a segunda fase da rehabilitación da escola taller de Monforte, que vai durar nove meses

MONFORTE DE LEMOS

Coincidiendo con el inicio de los trabajos, las instalaciones de la escuela taller recibieron la visita del alcalde, la primera teniente de alcalde y el concejal de Servizos
Coincidindo co inicio dos traballos, as instalacións da escola taller recibiron a visita do alcalde, a primeira tenente de alcalde e o concelleiro de Servizos CEDIDA

O proxecto ocupará a vinte e cinco persoas, das que vinte son alumnos traballadores

02 dic 2019 . Actualizado ás 16:23 h.

Unha vintena de alumnos traballadores participan na segunda de fase das obras de rehabilitación da escuella taller da Pinguela, en Monforte, que iniciou hoxe a súa actividade. Coincidindo co comezo dos traballos, as instalacións recibiron a visita do alcalde José Tome, a tenente de alcalde Gloria Prada e o concelleiro de Servizos, José Luis Losada. O proxecto conta cunha subvención de 336.446 euros a Consellería de Economía, Emprego e Industria, aos que se suman outros 49.605 que son achegados polo Concello.

Ademais dos alumnos traballadores, o taller de emprego que levará a cabo as obras conta cun director, dous monitores, unha administrativa e un monitor de educación compensatorioa que se incorporará proximamente. A intervención desenvolverase ata o 1 de setembro do ano próximo e comprenderá obras de albanelería, que serán realizadas por doce traballadores, e de fontanería, a cargo doutras oito presentas. Durante esta fase construiranse dous módulos nos que se situarán varias aulas de xestión, aseos e vestiarios. Nunha fase anterior, iniciada en novembro do 2018, substituíronse dous módulos prefabricados por dúas edificacións de planta baixa con cimentación e estrutura de formigón.

Segundo indicou o alcalde, unha vez que remate de executarse o proxecto, oito alumnos terán a posibilidade de formalizar contratos de traballo en prácticas de tres meses de duración en empresas do municipio, a xornada completa. Co fin de promover a inserción dos alumnos en empresas privadas, o Concello solicitou á consellería unha axuda de 12.000 euros.

Formación ocupacional

As instalacións da escola taller, creada fai máis de tres décadas, ocupan unha parcela de titularidade municipal de 3.850 metros cadrados. «Cando finalicen as obras poderemos contar con cun novo centro de formación ocupacional nunhas instalacións moito máis modernas e actuais», apuntou doutra banda José Tomei.