Médicos e peregrinos polo Camiño de Inverno

La Voz MONFORTE / LA VOZ

MONFORTE DE LEMOS

CEDIDA

Un grupo encabezado polo exalcalde de Palas fixo escala en Monforte e foi recibido por Tomei no consistorio

16 oct 2019 . Actualizado ás 18:50 h.

Un grupo de vinte e seis médicos, de diferentes puntos de España e doutros países, peregrina estes días a Santiago polo Camiño de Inverno. Este mércores foron recibidos no salón de plenos do Concello polo alcalde de Monforte, José Tomei. Entre os peregrinos están Fernando Pensado, exalcalde de Palas de Rei, e o ata hai pouco senador Dámaso López. Tomei animou aos visitantes a gozar do patrimonio de Monforte e lembroulles que se pode obter a compostela iniciando o Camiño desde Monforte.