«Hai negocios que non seguen as normas de accesibilidade»

f. albo MONFORTE / LA VOZ

MONFORTE DE LEMOS

Sofía Pardo en un mercadillo benéfico organizado por Auxilia
Sofía Pardo nun mercadillo benéfico organizado por Auxilia ALBERTO LÓPEZ

Sofía Pardo coordina en Monforte a asociación Auxilia, que o 18 de outubro organizará unha cea benéfica para axudar a financiar as súas actividades de apoio a persoas con discapacidade física

20 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Por oitavo ano consecutivo, a asociación Auxilia-Monforte organizará unha cea benéfica para axudar financiar as súas actividades de apoio aos discapacitados físicos e as súas familias. Celebrarase o 18 de outubro -ás 21.30 horas- no restaurante Don Manuel. As inivitaciones xa se poden retirar no local de Auxilia do centro multiusos ou chamando aos teléfonos 672 196 926 e 674 849 119.

-Como foi a resposta ás anteriores convocatorias?

-Moi boa. A xente mostrou sempre moita solidariedade e está moi pendente de cando se celebra esta cea benéfica. Nese sentido, Auxilia séntese moi arroupada.

-Que actividades desenvolven na actualidade?

-Temos un programa de atención socioasistencial para as persoas discapacitadas e as súas familias, outro de visitas domiciliarias e outro de actividades de lecer e tempo libre. Contamos cunha traballadora social e unha monitoria para levar a cabo estes programas.

-Como está hoxe en Monforte o problemas das barreiras arquitectónicas?

-Fixéronse avances, pero aínda queda moitas cousas pendentes. O Concello está preparando un plan de accesibilidade en colaboración coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, da que forma parte Auxilia, e agardamos que se presente en breve.

-A situación mellorou nos edificios públicos?

-Hai dous lugares sobre os que insistimos moito, que son o centro de saúde e o hospital. No primeiro segue habendo problemas de acceso e de estacionamento e no segundo, os ascensores non están adaptados para as persoas con cadeira de rodas, que non poden acadar os mandos.

-E nos privados?

-Hai melloras, pero continúan abríndose algúns negocios que non seguen as normas de accesibilidade. Tampouco queremos ser negativos e dámosnos/dámonos conta de que hai vontade de resolver estes problemas, e de que en zonas como a zona vella resulta máis difícil.