Entrada de urxencias: ata o coche de seguridade está mal aparcado

La Voz

MONFORTE DE LEMOS

CEDIDA

Moitos condutores non respectan as restricións pensadas para que poidan pasar as ambulancias

19 sep 2019 . Actualizado ás 17:56 h.

As queixas dos condutores de ambulancias polo pouco respecto que moitos mostran polos espazos acoutados para que aparquen ou pasen sen dificultades estes vehículos de urxencia son frecuentes en Monforte. Non lles falta razón, como se ve nesta foto deste xoves no acceso á entrada de urxencias no hospital comarcal. Xa non é só que estea cheo de coches aparcados a pesar da liña amarela, é que un deses turismos é da empresa que ten encomendada a seguridade dentro no hospital, a que ten que avisar á Policía Local no caso de que haxa vehículos obstaculizando o paso das ambulancias