«Non máis pontes non Malecon»

La Voz

MONFORTE DE LEMOS

CARLOS CORTÉS

Esperta Monforte fai bandeira da peonalización da ponte vella e ademais oponse a un novo viaduto

23 may 2019 . Actualizado ás 20:24 h.

Esperta Monforte decidiu agarrarse á reivindicacón de que a ponte vella se libre do tráfico. Nun momento no que todos os candidatos decidiron propolo nos seus programas electorais, eles séntense os pais da idea, ou polo menos os que máis claramente o reivindicaron. Para facer visible esta idea unha decena de integrantes desta formación cortaron onte a ponte vella ao tráfico, pero de forma simbólica e apenas durante un par de minutos.

En primeira fila, a candidata á alcaldía por Esperta Monforte, Maribel García, cun letreiro no que podía lerse «Non máis pontes non Malecón». os seus acompañantes levaban letreiros con lemas similares. Desde a auga, outros tres mostraban outro cartel reivindicativo subidos a unha barca.

Esperta Monforte quere deixar claro así en primeiro lugar que reivindica o peche da ponte vella ao tráfico sen condicións previas, non como formacións como o PSOE e o PP, que o supeditan á construción dunha nova ponte no Malecón que poida absorber o tráfico rodado que agora utiliza este monumento ?2.000 vehículos diarios, segundo cálculos do Concello. E en segundo lugar, os candidatos de Esperta Monforte deixan claro tamén que non están de acordo coa construción dunha ponte máis no paseo do Malecón. Pensan que estragaría un dos mellores espazos urbanos de Monforte.