Albores leva a súa exposición sobre saúde mental ao Colexio Ferroviario

La Voz

MONFORTE DE LEMOS

Fotografía ganadora del primer premio del segundo concurso anual de Albores
Fotografía gañadora do primeiro premio do segundo concurso anual de Albores CRISTÓBAL PRIETO

Especialistas desta entidade dan charlas neste centro e no instituto Río Cabe

22 may 2019 . Actualizado ás 19:01 h.

Profesionais da asociación Albores Saúde Mental imparten charlas esta semana en dous centros educativos de Monforte. A asociación acaba de anunciar ademais o traslado da exposición de fotografías do seu concurso Fotoxénica-Mente ao Colexio Ferroviario.

A primeira das dúas charlas programadas para estes días celebrouse onte no instituto Río Cabe. A segunda está programada para hoxe no Colexio Ferroviario. As dúas están pensadas para estudantes de cuarto de ESO.

En paralelo, a exposición coas fotografías presentadas ao concurso Fotoxénica-Mente, que organiza Albores desde hai dous anos, foron trasladadas o luns do instituto Río Cabe, no que se atopaban, ao Colexio Ferroviario. Nesta exposición, as fotografías están acompañadas de notas informativas acerca de diversos aspectos que teñen que ver coa saúde mental.

Albores traballa para promver a saúde integral das persoas con enfermidades mentais e para mellorar a súa calidade.