Preparativos para o salón de vodas de Monforte

La Voz

MONFORTE DE LEMOS

CARLOS CORTÉS

En diversos puntos da cidade haberá sesións fotográficas ata o domingo

08 feb 2019 . Actualizado ás 17:56 h.

A pasarela do paseo do Malecón de Monforte serviu de escenario para unha sesión fotográfica previa ao Showroom Vodas & Eventos, que se celebrará os próximos días 16 e 17 no restaurante Don Manuel. Neste salón, que abrirá de 11.00 a 21.00 horas, participarán máis de trinta empresas relacionadas coa organización de vodas, comuñóns e actos sociais. O acto inaugural celebrarase ás 13.00 horas do sábado. O programa comprende unha pasarela de moda que celebrará o 17 ás 19.00 horas e en que a se exhibirán as últimas tendencias en traxes de noivos, de comuñón e de gala. Ao rematar a pasarela haberá un sorteo entre todos os asistentes de dúas ceas para dúas persoas no restaurante Manuel Bistró. As sesións fotográficas previas ao salón seguirán desenvolvéndose en espazos públicos da cidade ata este domingo.