Un incendio queima un almacén e pon en perigo unha casa en Monforte

Carlos Cortés
Carlos Cortés MONFORTE

MONFORTE DE LEMOS

Imagen de archivo de los bomberos actuando en un incendio en una parroquia de Monforte
Imaxe de arquivo dos bombeiros actuando nun incendio nunha parroquia de Monforte ALBERTO LÓPEZ

A rápida chegada dos bombeiros impediu que as chamas acadasen a vivenda

10 ene 2019 . Actualizado ás 20:41 h.

Un almacén agrícola sufriu importantes desfeitas onte nun incendio que estivo a piques de acadar unha casa na parroquia monfortina do Chao do Fabeiro. O lume produciuse pouco antes das sete e media da tarde e a rápida intervención dos bombeos, que teñen a súa base a pouca distancia do lugar do sinistro, impediu que as chamas acadasen a vivenda.

Os bombeiros do parque contraincendos, que está a uns centos de metros de distancia do lugar do suceso, traballaban á primeira hora da noite para apagalos rescaldos e asegurarse de que o lume non rebrotaría. En todo caso, neses momentos parecía a salvo a vivenda situada ao lado do alpendre no que empezou o incendio.