Titzina Teatro representará «A gabia» en Monforte

La Voz

MONFORTE DE LEMOS

A función ofrecerase o xoves no auditorio do edificio multiusos

11 dic 2018 . Actualizado ás 17:43 h.

A compaña barcelonesa Titzina Teatro representará o xoves no edificio multiusos de Monforte a obra A gabia, de Pako Merino e Diego Lorca. A función empezará ás 20.15 horas e a entrada xeral terá un prezo de cinco euros, que se reducen a tres para estudantes, desempregados e xubilados. A actuación forma parte do programa da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

O grupo Titzina Teatro foi fundado no 2001 e traballa sempre con obras orixinais. A peza A gabia, que se dirixe a un público adulto, pon en escena o encontro entre un técnico dunha multinacional mineira que pretende abrir unha explotación nun país suramericano e o alcalde da localidade onde se está previsto realizar as excvaciones. A historia do encontro entre o conquistador Francisco Pizarro e o emperador inca Atahualpa determinará o destino dos protegonistas.