Vilamor do Courel celebrará o día 25 o Baile dous Toxos

La Voz

FOLGOSO DO COUREL

ALBERTO LOPEZ

O festexo é tradicional das festas patronais locais de San Vicente

11 ene 2020 . Actualizado ás 18:34 h.

A parroquia de Vilamor do Courel acollerá o próximo día 25 o Baile dous Toxos, unha celebración tradicional asociada ás festividade local de San Vicente. Ás doce do mediodía celebrarase unha misa na igrexa parroquial e ás 13.30 haberá sesión vermú. Ás 16.30 empezará un «campionato de chia-o eixe» e ás sete da tarde empezará o Baile dous Toxos. Ás oito haberá un concurso de baile e ás dez da noite empezará unha foliada libre. A tradición local de bailar sobre unha capa de toxos estendida no chan débese a que na serra do Courel adoitaba nevar intensamente na época das festas patronais de Vilamor, polo que era doado que a terra se enlamase. Este costume era tamén propia doutras localidades de montaña nas festas de inverno.