Máis dunha trintena de deportes nas escolas de Chantada

luís conde MONFORTE / LA VOZ

CHANTADA

CEDIDA

A tempada comeza este luns e prolongarase ata mediados de xuño

01 oct 2022 . Actualizado ás 18:09 h.

Xa están aquí. Este luns arrincan as escolas deportivas de Chantada, que acadan a súa edición número 28. Esta cifra indica que son as pioneiras da zona sur da provincia. A campaña foi presentada polo alcalde, Manuel Varela; polo concelleiro de Deportes, Diego Otero, e por varios monitores.

Ofreceranse un total de 33 deportes. Dezasete serán para nenos; dez para adultos; cinco para xubilados e un incluirá actividades adaptadas para os colectivos Asdeme e Albores. A inscrición ten un custo de 60 euros, e cada persoa pode escoller ata tres deportes. Iso si, haberá descontos para familias numerosas.

As escolas de Chantada teñen unha clara vocación comarcal, tal e como apunta Diego Otero. «Ademais dá xente censada en Chantada, nas nosas escolas participarán nenos e adultos de Taboada e de Rodeiro, e sen sobrecusto», afirma Otero.

Estas escolas ponse en marcha baixo o lema «Deporte para todos». O concelleiro explica os obxectivos das escolas. «Ou que pretendemos é fomentar hábitos saudabeis. Queremos que vos nenos aprendan a competir dende a deportividade, e ao memo tempo buscamos inculcarlles valores», engade Otero.

A inscrición nas escolas outorga as seguintes vantaxes: Material deportivo gratuíto, participación nas competicións de deporte escolar, participación en cursos e torneos durante a tempada, realización de rutas de sendeirismo pola Ribeira Sacra e polo resto de Galicia, exhibicións de diferentes modalidades e participación en ligas federadas.

Diego Otero anima á participación. «Prevemos unhas mil fichas esta tempada. Dende sempre, nas nosas escolar a participación foi en aumento», indica o concelleiro de Deportes.

A tempada das escolas de Chantada, que comeza este luns, prolongarase ata mediados de xuño.