A Subida a Chantada, aprazada polo coronavirus

Redacción MONFORTE

CHANTADA

ROI FERNANDEZ

Ía celebrarse a finais de xuño, pero a organización asume xa que non vai se é posible

25 abr 2020 . Actualizado ás 20:19 h.

A subida automobilística a Chantada ten que cambiar de datas. A proba ía celebrar a súa edición número 47 os días 26, 27 e 28 de xuño, pero por mor da crise do coronavirus a organización hase visto obrigada a suspendela.

Os organizadores desta proba decidiron solicitar á federación española de automobilismo permiso para celebrala a finais de agosto. En concreto, as datas que propoñen son as dos días 26, 27 e 28 dese mes.

A carreira volverá formar parte este ano do calendario de pruenas do campionato de españa de montaña.