Morre un traballador esmagado por unha árbore nunha talla en Chantada

Tania Taboada REDACCIÓN

CHANTADA

Óscar Cela

Outro operario resultou ferido no mesmo accidente e foi evacuado en helicóptero ao HULA

25 feb 2020 . Actualizado ás 19:32 h.

Un traballador, de 34 anos de idade e nacionalidade romanesa, morreu esta mañá como consecuencia dun accidente laboral rexistrado no municipio de Chantada. O falecido resultou esmagado por unha árbore cando levaba a cabo unha talla forestal en terreos da parroquia de Sabadelle.

A árbore acadou na súa caída a outro obreiro que tamén participaba na talla e que foi evacuado en helicóptero en ambulancia ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), na capital da provincia. Ao parecer, o impacto provocoulle, entre outras feridas, a rotura dun perna.

Tras recibir a chamada de alerta do persoal sanitario, os xestores do 112 deron aviso á Garda Civil, Protección Civil e Bombeiros de Chantada, para axudar na evacuación dos accidentados porque a zona presentaba dificultades de acceso ao persoal médico. Unha ambulancia e un helicóptero medicalizado con base en Ourense tamén se presentaron na zona para atender aos dous pacientes, un dos cales faleceu no lugar do sinistro, mentres o outro foi evacuado na aeronave ao HULA.