A Bonoloto deixa en Chantada un premio de máis de 86.000 euros

La Voz

CHANTADA

Correspondeu a un boleto selado na administración número uno

15 ene 2020 . Actualizado ás 11:19 h.

O último sorteo da Bonoloto, celebrado onte, deixou en Chantada un premio de 86.475 euros. Un dos dous boletos que lograron os cinco acertos foi vendido na administración de lotería número 1, situada na rúa Ánxel Gómez Montero. Nesta mesma administración selouse en abril do ano pasado un boleto de seis acertos, premiado con 776.423 euros.

No sorteo da Lotería Nacional celebrado o pasado xoves, unha parte do primeiro premio recaeu na administración número dous de Monforte. Tratábase dun décimo do primeiro premio, dotado con 300.000 euros.