Comeza o concurso de tapas de Chantada

La Voz

CHANTADA

ROI FERNANDEZ

A partir deste venres, a competición desenvolverase en dezasete establecementos

08 novs 2018 . Actualizado ás 14:21 h.

Dezasete establecementos de hostalería participan na nova edición do concurso de tapas Chantapas, que empezará a celebrarse este venres. As tapas que se presentan ao certame serán servidas os días 9, 10, 11, 16, 17 e 18, a partir das sete da tarde. Os locais que participan no concurso son A Faragulla, Os Larpeiros, Carballeira, Cheers, Parada, Mánix, Praza, Cantón, SantaAna , Universal, Casino, Dedebó, Larpeiriña, Lucus, O Agocho, Tropik e Non Río.

Entre os clientes que consuman máis da metade das tapas presentadas ao concurso e selen o «pasaporte» para votar polos seus preparados favoritos sortearanse un vale por valor de cen euros. O concurso Chantapas é organizado pola Asociación de Empresarios de Chantada, o Concello e a asociación provincial de empresas de hostalería.