Un morto e unha muller ferida nun choque frontal preto do polígono de Chantada

Os vehiculos, un todo terreo e un turismo, quedaron a máis de cincuenta metros de distancia tras a colisión

.

Un accidente de tráfico rexistrado no municipio de Chantada pouco antes das nove e media da noite de onte saldouse cun morto e unha muller ferida, ao parecer de carácter leve. O falecido é o condutor dun todo terreo modelo Suzuki Vitara, que chocou frontalmente cun Peugeot 208. A muller saíu do turismo polo seu propio pé e foi trasladada en ambulancia a un centro sanitario. A colisión produciuse preto do centro urbano de Chantada, entre os puntos quilométricos 56 e 57 da N-540, á altura do polígono industrial dos Acivros.

O accidente mantivo cortado máis de media hora uno dos carrís da estrada, o que provocou que se orixinasen longas retencións de vehículos. Axentes da Garda Civil de Tráfico regularon a circulación ata que se procedeu á retirada dos turismos, que tras o choque quedaron a máis de cincuenta metros de distancia.

Coñece toda a nosa oferta de newsletters

Creamos para ti unha selección de contidos para que os recibas comodamente no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
10 votos
Comentarios

Un morto e unha muller ferida nun choque frontal preto do polígono de Chantada