Unha muller ferida nun accidente de tráfico en Chantada

La Voz

CHANTADA

ROI FERNÁNDEZ

Unha moto e un coche chocaron nun cruzamento do centro urbano

21 jul 2018 . Actualizado ás 22:14 h.

Unha muller que conducía unha moto resultou ferida nun accidente que se produciu cara ás catro e media da tarde de onte no centro urbano de Chantada. A motocicleta chocou cun coche conducido por outra muller no cruzamento das rúas Fontearcada e Xoán XXIII, debido ao cal o seu ocupante caeu ao chan e sufriu danos nun nocello, posiblemente unha dislocación ou fractura. A accidentada foi trasladada ao hospital comarcal de Monforte.