Morre en Carballedo ao caerlle amais un carballo de grandes dimensións

Carlos Cortés
Carlos Cortés MONFORTE

CARBALLEDO

Imagen de archivo de un accidente mortal en una talla, ocurrido en Ribas de Sil en el 2016
Imaxe de arquivo dun accidente mortal nunha talla, ocorrido en Ribas de Sil no 2016 CARLOS CORTÉS

O falecido traballaba nunha talla nunha das abundantes carballeiras da parroquia de Cartelos

18 ene 2019 . Actualizado ás 10:09 h.

O home que morreu este xoves pola tarde en Carballedo esmagado por unha árbore estaba a traballar nunha curta de carballos. O suceso produciuse nunha das abundantes carballeiras da parroquia de Cartelos, coñecida pola existencia de abundantes exemplares de gran porte desta especie.

Segundo a información facilitada onte á noite polo servizo de urxencias 112, foi un particular o que deu ás cinco e vinte e cinco da tarde o aviso de que se produciu o accidente. Ao lugar foron enviados enseguida unha ambulancia do 061 con base en Chantada, o helicóptero deste servizo de urxencias sanitarias que se atopa habitualmente en Ourense e persoal da agrupación local de Protección Civil de Carballedo, que se encargaron de acordoar a zona e de asegurarse de que o helicóptero dispuña dun lugra apropiado para posarse.

O falecido vivía en Vilaquinte

A vítima é António Júlio T.P. un home nado en Portugal hai 58 anos, pero residente desde hai un tempo en Carballedo, en concreto na parroquia de Vilaquinte. Atopábase traballando nun bosque de sobles situado a uns centos de metros das casas do lugar da Laxa cando un das árbores que pretendía cortar, un carballo de grandes dimensións, caéuselle amais .

O helicóptero do 061 con bsae en Ourense chegou a aterrar nas proximidades do lugar do accidente, pero marchar sen carga. A vítima non chegou a ser evacuada a ningún centro sanitario porque o persoal médico que o atendeu comprobou que falecera.