Ribeira Sacra, patrimonio da humanidade?

Xosé Manuel Moure Vázquez PUNTO DE VISTA

LEMOS

Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil, acondicionado nun antigo mosteiro
Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil, acondicionado nun antigo mosteiro CARLOS RUEDA

09 sep 2021 . Actualizado ás 10:30 h.

Chegou ás miñas mans o informe emitido por a Unesco e cuxa consecuencia foi a retirada momentánea da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da humanidade. Un informe bastante desesperanzador aínda que oficialmente se afirmara o contrario. Ao meu modo de ver, o proxecto da candidatura parte de un erro de base; focalizar o argumento principal na «preservación do carácter sagrado do territorio e a historia da súa evanxelización». Ao mesmo tempo describe un pasado (mitificado ás veces, inventado outras e sempre interesado) que xa non existe pero que o parecer sigue transmitindo valores espirituais [conveys spiritual values] que o Icomos non ve por ningunha parte.

O organismo encargado de valorar a candidatura obxecta que pola desamortización acaecida no XIX, a vida monacal desapareceu practicamente da Ribeira Sacra, co cal os antigos cultivos da Idade Media, que permitían una amplitude e continuidade visual co río e con outros mosteiros, quedaron a monte ou con repoboacións forestais que romperon o antigo espazo sagrado estando actualmente a metade do territorio cuberto de bosque. As igrexas, mosteiros, pazos e grandes casas do barroco quedan baleiras, van desaparecendo ou axeitándose a novos usos turísticos (paradores e hoteis) e culturais, cunhas restauracións [commonly] lonxe dos estándares esixidos (e moitas das pequenas quedaron sen restaurar). Di o Icomos que só queda un mosteiro (Ferreira de Pantón) co seu antigo uso, e esa desacralización da Ribeira Sacra, cuxa sacralización era un dos principais argumentos da candidatura, converteuse nun dos principais atrancos para lograr o obxectivo da declaración como ben mundial. É un obstáculo de difícil solución no contexto histórico actual, e por iso dixen que ese fora un erro estratéxico.

Outro erro foi querer vender os encoros como algo positivo, xa que «permiten a navegación dos catamaráns, un dos atractivos turísticos máis grandes». Porén, no Icomos vén estes catamaráns como elementos negativos que alteraron o ecosistema e a paisaxe deixando inundadas terrazas e construcións tradicionais e peculiares da cultura ribeirá.

Vos principais inconvenientes

Estes dous puntos creo son os principais inconvenientes (non os únicos) que ve o Icomos: «A tensión inherente a preservar o carácter sagrado [sacred character] do territorio e a súa adecuación ás contemporáneas necesidades das comunidades e modernas estruturas». E dicir, non se pode seguir vendendo os embalses como un lóxico desenrolo nunha paisaxe [landscape] tradicional. Penso que ese compoñente sacro debería ter sido un argumento importante (polo románico), pero non ata o extremo de construír os cimentos do relato sobre el. Iso é o que mas lle renxe, xunto cos embalses, ao Icomos, e como dixen, e oxalá me equivoque, ten difícil solución.

É necesario modificar o relato e hai que asumir que o despoboamento e o envellecemento, xunto co abandono das técnicas e cultivos tradicionais, son un feito. As políticas de investimento non poden estar baseadas na rendibilidade enfocada só no turismo e no viño, senón en fixar a poboación con medidas dirixidas a fomentar a natalidade e o emprego. Faise preciso un diálogo no que estean presentes os intereses de conservación do patrimonio, a industria turística e as prioridades dos veciños, para lograr un desenvolvemento sostible e posible.

Uns veciños que actúen non só como figurante pasivos, senón como cidadáns activos e decisivos no devir dos acontecementos. Só coa conciencia cidadá sobre o valor do patrimonio, non só como xerador de riqueza senón tamén como goce persoal e como referencia identitaria, satisfaremos a necesidade de rescatar o pasado do esquecemento e preservalo ante unha industria cultural abafante que funciona como unha fábrica de símbolos que homoxeneizan usos e costumes nunha sociedade globalizada só interesada nos valores tecnolóxicos e utilitarios. De aí o interese pola supervivencia do patrimonio (tanxible e inmaterial), que en realidade é unha construción social que nos axuda a atopar unha memoria individual e colectiva sobre a que construír e asegurar a nosa propia identidade, que sempre corre o perigo de ser diluída