Denunciado en Monforte por tomarse o café dentro do bar

Carlos Cortés
Carlos Cortés MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

Un control de la Policía Nacional en el centro de Monforte el pasado mes de abril
Un control da Policía Nacional no centro de Monforte o pasado mes de abril ALBERTO LÓPEZ

É un veciño de Chantada que ademais saíra dese municipio sen causa xustificada

27 ene 2021 . Actualizado ás 19:22 h.

As primeiras horas de vixencia das novas restricións xa teñen un denunciado en Monforte. Trátase dun home que se empeñou en tomarse dentro do bar o café que lle puxeron para levar.

O incidente ocorreu pouco antes das nove e media da mañá na rúa Cardenal. Ao parecer, o home entrou nunha das cafeterías do tramo peonil desta rúa que permanecen abertas para entregar consumicións para levar e pediu un café. O problema é que cando llo puxeron no canto de levarllo quedou dentro do establecemento para tomarllo alí.

Axentes da Policía Nacional de patrulla polo centro de Monforte para comprobar o cumprimento das novas restricións entraron na cafetería para identificalo e explicarlle que estaba vulnerando as normas anticontagios. Ao comprobar a súa documentación viron ademais que o home non ten a súa residencia en Monforte, senón en Chantada. Suponse que nin sequera debería estar en Monforte.

Como non puido demostrar que tivese unha razón xustificada para saír do municipio no que vive, os axentes decidiron abrirlle dous expedientes sancionadores, un por permanecer dentro dun local de hostalería para tomar unha consumición e o outro por vulnerar o peche perimetral de Chantada.