Coronavirus: Monforte supera xa o índice 1.000 de incidencia acumulada

Carlos Cortés
Carlos Cortés MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

Pruebas de coronavirus en el Hospital de Monforte
Probas de coronavirus no Hospital de Monforte Carlos Cortés

A localidade suma 13 contagios máis no último reconto diario. Os casos detectados nos últimos 14 días ascenden agora a 191

27 ene 2021 . Actualizado ás 19:43 h.

A extensión do coronavirus en Monforte supera xa a barreira dos 1.000 casos de incidencia acumulada. Era o agardado, en vista da intensidade coa que sobe a conta de novos casos diarios. Nas últimas 24 horas rexistráronse neste municipio trece novos contagios. O número de casos confirmados nos últimos 14 días sobe ata os 191, unha cifra que se corresponde máis ou menos coa de contagios activos.

Con estas novas cifras, difundidas por Sanidade este mércores pola mañá, pero que inclúen os datos recolleitos entre as seis da tarde do luns e a mesma hora do martes, a incidencia acumulada a 14 días este en estes momentos en Monforte en 1.036 casos por cada 100.000 habitantes. Iso confirma a Monforte como un dos municipios galegos de máis de 10.000 habitantes en peor situación. Por situar as cifras, a Unión Europea recomenda non viaxar a territorios cunha incidencia acumulada superior a 500. E supera tanto a media galega, que está en 726, como a española, que é de 893.

Entre os municipios da provincia de Lugo con poboación superior a 10.000 veciños, a situación clínica só están peor en Viveiro, con 214 casos nos últimos 14 días e unha incidencia de 1.384; e en Sarria, con 152 casos e unha incidencia de 1.140. Lugo e Vilalba, municipios que sufriron brotes graves en decembro, están agora mellor, con incidencias de 360 no caso da capital da provincia e 860 a da Terra Chá.

En todo caso, a parte boa é que estas últimas cifras dan continuidade á tendencia iniciada o día anterior e que suaviza a velocidade á que Monforte vai sumando novos contagios. O pico máximo de crecemento diario é o dos 24 novos que se coñeceron o día 23 e que elevaron a conta a 14 días ata os 123. E desde ese día non se volveu a subir tanto. O 24 foron 22 máis, o 25 creceu en 18, e o 26 incrementouse en 15.