As árbores senlleiras, un novo recurso turístico para ou 2021

Francisco Albo
francisco albo MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

O carballo de Cartelos é unha das árbores senlleiras de Carballedo que figuran nas guías
Ou carballo de Cartelos é unha dás árbores senlleiras de Carballedo que figuran nas guías ROI FERNANDEZ

A Xunta publica unha guía con itinerarios para visitar árbores monumentais dá Ribeira Sacra e outros territorios próximos

13 ene 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

As árbores senlleiras da Ribeira Sacra e de varios territorios próximos protagonizan unha guía turística editada pola Xunta que foi presentada onte en Carballedo pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez. A publicación comprende seis rutas que permiten visitar sete árbores singulares dúas formacións boscosas -todas elas incluídas no catálogo de árbores senlleiras da Xunta- que están repartidas en once municipios do sur da provincia de Lugo e do norte de Ourense.

Segundo afirmou a conselleira, a guía «permite a quen viaxa planificar e gozar da experiencia de coñecer distintas paraxes seguindo a pegada destes elementos naturais ao tempo que potenciamos a súa conservación a través da divulgación dos valores naturais que os fixeron merecedores deste distintivo».

Estas rutas -sinalan por outro lado desde a Consellería de Medio Ambiente- pódense realizar a pé, en bicicleta ou en automóbil. «Para cada unha delas achégase información esencial, como a distancia, punto de orixe e destino, percorrido e puntos de interese, así como unha pequena historia e detalles históricos sobre a localización ou a súa contorna», engaden. A publicación tamén ofrece informacións sobre aspectos culturais, turísticos e gastronómicos dos territorios polos que discorren os diferentes itinerarios e enderezos de páxinas web onde os visitantes poden ampliar esa información se o desexan.

A continuación detállanse as rutas incluídas nesta guía, as árbores e formacións vexetais que se poden visitar en cada unha delas e os municipios por onde discorren os itinerarios.

Camiñando pola historia. Esta ruta comprende vos carballos dá Casa Grande e do pazo de Cartelos e a devesa de Cartelos, todos en .. Carballedo

Unha ruta polos carballos. Ou itinerario pasa polos carballos coñecidos como Grande do Mestre, Casa do Herdeiro, Grande de Bustelo de Abaixo -en Carballedo- e Ramos, en .. Taboada

Rondando entre castiñeiros. Nesta ruta pódense visitar vos castiñeiros de Trambolosríos, en , Parada de Sile do souto dá Ramiga, en .. Nogueira de Ramuín

En busca da aventura. Esta proposta comprende ou amieiro do pazo de Maside -en -, Pantónou freixo de folla estreita de Montepando -en -, Monfortea sobreira dá Casa do Tristo -na Pobra do Brollón- e ou teixo de Cereixido, en .. Quiroga

Polos montes do Courel. As árbores incluídas nesta ruta son ou castiñeiro do Val dá Fonte e ou souto dá Ruibal, ambos non municipio de .. Folgoso do Courel

Unha ruta botánica. Este itinerario pasa polo ciprés mediterráneo dá capela do Salvador, en , Samose ou ciprés de Lawson dá Casa dá Pobra, non Incio.