Só sei que non se nada

María Elena Hermida

LEMOS

03 may 2020 . Actualizado ás 16:07 h.

O certo é que o mundo ha ir cambiando a través dos tempos. Eses tempos nos que se lles chamou a plenitude, nada menos que cando Cristo, segundo cóntanos a Biblia, andou pola nosa terra. E a pregunta é: que é a plenitude para o ser humano? Algúns din que as guerras son necesarias para que o home creza como persoa. Eu penso que os que din iso é porque non pasaron por ningunha. O caso é que nos está invadindo unha tremenda confusión, polo que nos sentimos abrumadoramente arrasados e entristecidos nestes tempos que vivimos. Xamais existiu unha guerra sen sangue. Xamais se confundiu o Día da Hispanidade co Día do Traballo, ou o Día da Nai co Día da Liberdade de Prensa.

Non sabemos o que nos está ocorrendo porque a ciencia non fala ou porque aos xornalistas non se lles deixa falar? Hoxe oín dicir á miña compañeira de profesión Anxos Caso, en Radio Nacional de España, que o coronavirus o descubriu alá polos anos sesenta una tal June Almeida, que traballaba como investigadora no Canadá. O que non lle resultou tan doado foi descubrir o camiño de onde procedía tan estraña como descoñecida cepa. Hoxe en día seguimos sen saber nada, a pesar de que os medios de comunicación quixérono desvelar. Con todo, parece ser que alguén tamén descoñecido cortoulles a noticia.

O que está claro é que a cousa comezou en China , precisamente cando máis amigos e socios fixémonos os españois do gran xigante asiático. Vostedes enténdeno? Eu tampouco. De novo hai que botar man de famosas frases lapidarias como aquela que todos coñecemos e que reza «sólo sei que non se nada».