Acabáronse as vacacións para os equipos da Primeira Autonómica

Luis Conde MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

ROI FERNANDEZ

03 ene 2020 . Actualizado ás 18:53 h.

Acabáronse as vacacións para os equipos da Primeira Autonómica. Hoxe xa se disputan algúns encontros da última xornada da primeira volta. Un dos equipos máis madrugadores é a SD Chantada, que se enfronta ás catro da tarde a domicilio ao Friol A.

O cadro do Sangoñedo encara este partido coas baixas de Barrio, Fornas, Arias, Noé e Marros, e recupera a Alberto. Os discípulos de Juan Rodríguez saben que non poden fallar se queren manter intactas as súas opcións de ascenso.

O líder, o Atlético Escairón mide as súas forzas ás catro e media da tarde a domicilio ante o San Roque. A escuadra que dirixe Javier Montoto quere comezar o ano con triunfo para deste xeito prolongar o seu excelente refacho de resultados. O obxectivo é seguir ampliando a vantaxe sobre os seus perseguidores.

Á mesma hora, o Chantada Atlético recibe no campo municipal do Sangoñedo ao Folgueiro. O Taboada recibe mañá ás catro da tarde no campo municipal da Medela ao Burela.