O Covirán estrea a súa marcadora de vitorias na liga

Luis Conde MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

RAUL CARBALLEDO

19 novs 2019 . Actualizado ás 20:47 h.

O Covirán conquistou a súa primeira vitoria na liga do grupo norte da Preferente Autonómica de fútbol sala. O equipo quirogués impúxose pola mínima (4-3) ao Club do Mar San Amaro.

O conxunto local completou unha espectacular primeira parte, que finalizou cun contundente 3-0. Os goles marcáronos Cristian (2) e Saúl. Na segunda parte acurtaron distancias os visitantes, pero marcaron o 4-1 os locais por medio de Carlos. En dous minutos, o San Amaro púxose 4-3, pero o Covirán aguantou a última arremetida.

O triunfo saca aos quirogueses dos postos de descenso da liga.