O peche da vendima está pendente de tres adegas que aínda recollen uva

Luis Díaz
Luis Díaz MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

ALBERTO LÓPEZ

16 oct 2019 . Actualizado ás 18:36 h.

O último balance de vendima do consello regulador, coa produción recollida ata o pasado martes en Ribeira Sacra, pode darse practicamente por definitivo. Os datos finais apenas diferirán dos 7.237.995 quilos de uva que se contabilizaron o 15 de outubro. Pero a denominación de orixe, polo menos formalmente, non puido dar por pechada a campaña. A estas alturas, aínda hai tres adegas que permanecen abertas.

As uvas seguían pasando este luns pola criba da mesa de selección na adega Dominio do Bibei, situada no municipio ourensán de Manzaneda. Nas zonas máis altas da denominación, onde a uva tarda máis en madurar, queda algunha que outra viña atrasada. Outros anos ninguén se arriscaría a agardar a estas alturas, pero a entrada do outono foi benévola e os viticultores apuran ao máximo esta vendima.

Dos 7,2 millóns de quilos de uva recolleitos, 6.692873 quilos corresponden a variedades tintas e 7.237.995 son de mencía. A garnacha é a segunda en volume (382.476 quilos) e o sousón (109.183 quilos) sobresae entre as variedades minoritarias de cultivo tradicional. A súa intensidade de cor, acidez e concentración de taninos, convértea no complemento idóneo para a mencía en moitos viños.

De uva banca se vendimiaron 545.122 quilos e 422.236 son de godello, variedade cada vez máis cobizada pola boa saída destes viños.