Rubén Pernas continuará no Ucoga Seguros CB Chantada a próxima liga

Luis Conde MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

ROI FERNANDEZ

21 ago 2019 . Actualizado ás 18:21 h.

O traballo nos despachos do Ucoga Seguros CB Chantada é intenso. Nas últimas horas, a entidade confirmou unha nova renovación. É a cuarta, e o xogador que concretou a súa continuidade é Rubén Pernas. O aleiro cumprirá deste xeito cinco tempadas na disciplina da escuadra que dirixe Alberto Fafián.

Esta renovación supón unha noticia importante para a escuadra chantadina, posto que Pernas é un xogador que marca as diferenzas na categoría polo seu talento e pola súa experiencia. Desde o club agradecen o xesto do deportista, que desde o inicio mostrou a súa predisposición por seguir.

O xogador tamén está encantado coa súa renovación, xa que sabe que formará parte dun proxecto ilusionante e ambicioso. A continuidade de Pernas únese ás de Manu Sánchez, Marcos García e Miguel García. O obxectivo agora é a renovación de Filip Knezevic.