O Saviñao homenaxea á súa campioa, Nuria López

Luis Conde MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

CEDIDA

19 ago 2019 . Actualizado ás 18:46 h.

O Concello do Saviñao rendeu este luns unha homenaxe á atleta local Nuria López, campioa de España nas modalidades de 100, 200 e 400 metros. O alcalde, Carlos Armesto, fíxolle entrega dunha placa conmemorativa e dun ramo de flores. A deportista, moi emocionada, agradeceu este recoñecemento. Estivo acompañada pola súa familia e por numerosos veciños, que non quixeron perderse este acto.

Tamén estivo presente o concelleiro de Deportes do Saviñao, Jorge Rodríguez, que destacou a capacidade de superación dunha atleta que leva o nome da Ribeira Sacra por toda España e polo mundo.